Empresas
A formación axuda ás empresas a ser máis competitivas. Un traballador cos coñecementos e competencias adecuados é un traballador produtivo. Axudámoste a formar o teu equipo, mediante a bonificación nas cotas que pagas á Seguridade Social. Ti decides se organizas directamente a formación ou se encomendas a súa organización a unha entidade externa que che axude a programala.
Ademais, se permites ao teu traballador formarse para obter un título oficial en horario laboral, tamén poderás bonificarte polo tempo que se ausente mediante un permiso individual de formación (PIF).