Solicita tempo á túa empresa para formarte

Gaña tempo, estuda mentres traballas

Fundación Estatal (FUNDAE)

Permiso para seguir aprendendo



O Permiso Individual de Formación (PIF), permíteche, coa autorización da túa empresa, conciliar traballo e estudos e dedicar parte da túa xornada laboral a realizar calquera formación recoñecida por unha acreditación oficial, incluídas as correspondentes a certificados de profesionalidade ou acceder aos procesos de recoñecemento da experiencia laboral.

A túa empresa poderá obter bonificación polo custo salarial das horas que te ausentes (ata 200 horas laborables por ano natural ou curso lectivo) para que te poidas desenvolver profesional e persoalmente.

Nos seguintes documentos, explicámosche en que consiste e como podes solicitar este permiso:



Permisos individuais de formación (PIF)

Solicitude á empresa do permiso individual de formación (PIF). Publicado en 2007, actualmente en vigor.