Financiamento

A Formación Profesional para o Emprego en España finánciase mediante fondos procedentes de:

Aplicación dos fondos

    • Estes fondos financian as actividades de formación e aplícanse da seguinte forma

      1. Bonificacións ás empresas

      Nas iniciativas denominadas “formación programada polas empresas” e “permisos individuais de formación”, as empresas dispoñen dun crédito para a formación dos seus traballadores que se fai efectivo mediante bonificacións nas cotas á Seguridade Social que pagan as empresas.

      O importe do crédito resulta de aplicar a contía ingresada á Seguridade Social por cada empresa o ano anterior, en concepto de cota de formación profesional, a porcentaxe que anualmente se estableza na Lei de Orzamentos Xerais do Estado. Esa porcentaxe determínase en función do tamaño das empresas, de tal forma que canto menor sexa o tamaño da empresa maior será a devandita porcentaxe.

      Actualmente estas porcentaxes son

      Crédito empresa

      Contía ingresada por formación profesional

      Suma "Base outras Cotizacións"

      x

      0,7 %

      % Bonificación segundo persoal

      Persoal medio

      Porcentaxe

      De 1 a 9 traballadores

      100 %

      De 10 a 49 traballadores

      75 %

      50 a 249

      60 %

      Máis de 250

      50 %

      De a1 a 5

      420 euros en vez de porcentaxe.

      As empresas que incorporen novos traballadores, ben por abrir novos centros de traballo ou por nova creación: 65 euros por cada novo traballador.

      É importante ter en conta que se a empresa ten máis de 5 traballadores, está obrigada a asumir unha porcentaxe do total dos custos que comunique na aplicación ao longo do ano. Para o cálculo desta achega, teranse en conta os custos salariais dos traballadores formados durante o horario de traballo.

      Por outro lado, as empresas que concedan permisos individuais de formación aos seus traballadores dispoñerán dun crédito adicional cuxos criterios para o seu importe se determinan mediante Orde do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

      En todo caso, a empresa deberá someter as accións formativas a información da representación legal dos traballadores. O incumprimento por parte da empresa desta obriga impedirá a adquisición e, no seu caso, o mantemento do dereito á bonificación.

    • Aplícanse para a oferta formativa a traballadores desempregados e ocupados, incluída a dirixida especificamente a traballadores autónomos e da economía social, así como aos programas públicos mixtos de emprego-formación.

      Alternativamente, os servizos públicos de emprego poden proporcionar un «cheque formación» aos traballadores desempregados que lles acredite para realizar accións formativas concretas dirixidas a mellorar a súa emprgeabilidade. O traballador entrega o cheque á entidade de formación seleccionada por el de entre as que cumpran os requisitos.

    • Aplícanse a bolsas, axudas de transporte, manutención e aloxamento e axudas que permitan conciliar a asistencia á formación co coidado de fillos menores de 6 anos ou de familiares dependentes, que se concedan, a desempregados que participen nas accións formativas, e á compensación económica a empresas pola realización de prácticas profesionais non laborais, se corresponde.

      Tamén para a formación das persoas en situación de privación de liberdade e dos militares de tropa e mariñeiría que manteñen unha relación de carácter temporal coas Forzas Armadas.

    • Anualmente destínase unha partida específica e suficiente para garantir unha oferta formativa de calidade dirixida a traballadores ocupados e desempregados, e unha porcentaxe ao financiamento da formación dos empregados públicos.

      Outra parte destínase ao financiamento de accións formativas dirixidas a funcións relacionadas coa negociación colectiva e o diálogo social.

 

Outras consideracións

Regulamentariamente fíxanse módulos económicos específicos para as distintas especialidades formativas, establecendo os límites, máximo e mínimo entre os que se poden axustar e que se actualizan periodicamente. Entendendo por módulo económico o custo por participante e hora de formación que poderá ser obxecto de financiamento público.

Tales módulos económicos aplícanse a todas as iniciativas de formación profesional para o emprego, incluída a formación dos empregados públicos.