Convocatoria para a concesión de subvencións públicas para a execución de plans de formación, de ámbito estatal, dirixidos prioritariamente ás persoas ocupadas. Ano 2012


Esta convocatoria ten como finalidade o financiamento de plans de formación dirixidos prioritariamente ás persoas ocupadas que ofrezan unha formación axustada ás necesidades do mercado de traballo, que atenda aos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas e ás aspiracións de mellora da empregabilidade e de promoción profesional e desenvolvemento persoal das persoas traballadoras.

A concesión das subvencións realizouse en réxime de concorrencia competitiva, respectando os principios de obxectividade, igualdade, transparencia e publicidade.